O noso Twitter
Os meus tuitsO noso Facebook
Categorías
-
Artigos recentes
- O PAIS DA AUGA (Carlos Henrique Fernández Coto).- A auga é un ben escaso e moitos pobos que teñen que percorrer quilómetros a diario para collela, nós somos dos máis afortunados porque temos toda a que necesitamos. A auga forma parte da nosa identidade, da memoria do pobo que habita no territorio ao longo do tempo. Define e condiciona a paisaxe porque está moi ligada á agricultura e á subsistencia. Proba da súa relevancia é que boa parte da toponimia toma nela a súa raíz: Agualevada, Brañas, Devesa ou Fontenla, entre centos de nomes que indican a súa presenza. No seu percorrido -do monte aos ríos, dos ríos ao mar- é aproveitada para construír as agras e os camiños -que tamén foron canles de auga- e para transformar a materia prima en alimento: é o caso dos muíños, que aproveitan os recursos sen consumilos, e o propio deseño dos valados é sometido ao ditado das augas que os atravesan. Para dispor dela nas billas das casas, aldeas enteiras construían comunalmente as minas no monte e transportábana por tubarias cerámicas atravesando as leiras, pero sempre para o consumo doméstico, nunca para a rega do campo, para o que había outros enxeños como o do reparto dos regatos por días e horas, por gravidade e sen máquinas, e a ninguén se lle ocorría abrir camiños por calquera lugar -como se fai agora, sen estudar o ciclo das augas-. Non existían as palabras “sustentabilidade” ou “ecoloxía” pero practicábanas, e cada elemento era pensado para a máxima eficiencia e menor gasto. Non se maltrataba o territorio, porque as máquinas eran os bois e os carros. As augas de rega e as augas dos muíños distribuíanse por quendas entre os veciños, aproveitando as vinte e catro horas, pero xa con picaresca: era moi común que un veciño agardara agochado tralo valado para mudar a dirección da auga que minutos antes cambiara outro. Agora que vivimos nunha sociedade normativizada, a auga está regulada polas leis (estatal e autonómica, como sempre) que din que as augas superficiais e as soterradas constitúen un recurso subordinado ao interese xeral e forman parte do dominio público estatal hidráulico, é dicir, de todos. Correspóndelle ao estado distribuílas de acordo coas necesidades da cidadanía e à Xunta ordenar o ciclo integral da auga establecendo as bases para unha xestión eficiente dos servizos de fornecemento, coa finalidade de garantir as necesidades básicas da poboación, e facendo compatible o desenvolvemento económico coa preservación dos ecosistemas acuáticos e terrestres. O concello é o derradeiro administrador, fornece aos fogares e controla o consumo e cobra un canón penalizando economicamente o consumo excesivo (piscinas, rega de céspede, etc.). A usurpación das augas sen control, en moitos casos para usos distintos do doméstico, é un fraude que afecta ás arcas públicas, tamén a todos nós e ao medio ambiente porque supón un uso irracional e pouco sustentábel de aproveitar os recursos públicos, que son de todos.
- Acto de presentación
- Presentación oficial da Asociación
- Formas do territorio
- Historia da arte galega
Arquivo
Comentarios recentes
David Miranda en A defensa do noso Patrimo… Meta
Tag Archives: Patrimonio
Formas do territorio
FORMAS DO TERRITORIO Dentro deste grupo de traballo incluímos as seguintes materias: Arquitectura Paisaxe rural e paisaxe urbana Urbanismo e urbanística Conxuntos históricos e de interese urbanística ou arquitectónica Viais culturais Xeografía Medioambiente Turismo
Publicado en Sin categoría
Etiquetado Arquitectura, CONXUNTOS HISTÓRICOS, Medio ambiente, MEDIOAMBIENTE, PAISAXE, Patrimonio, Territorio, TURISMO, Urbanística, Urbanismo, XEOGRAFIA
Deixar un comentario
Historia da arte galega
HISTORIA DA ARTE GALEGA Dentro deste grupo de traballo incluímos as seguintes materias: Arqueoloxía Artes plásticas e etnoloxía Sitios arqueolóxicos Manifestacións pictóricas, escultóricas, fotográficas, cinematográficas Patrimonio material etnolóxico Patrimonio industrial Arte contemporánea
Publicado en Sin categoría
Etiquetado ARQUEOLOXÍA, ARTE CONTEMPORÁNEA, ARTES PLÁSTICAS, ESCULTURA, ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, FOTOGRAFÍA, Patrimonio, PATRIMONIO INDUSTRIAL
Deixar un comentario
Patrimonio cultural inmaterial
PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL Dentro deste grupo de traballo incluímos as seguintes materias: Lingua galega Antropoloxía (tradicións e costumes, usos sociais, rituais, ceremoniais, …) Música galega Patrimonio documental e bibliográfico Literatura galega Filosofía Dereito
Publicado en Sin categoría
Etiquetado Antropoloxía, Dereito, Filosofía, Galego, Inmaterial, Lingua, Literatura, Música, Patrimonio
Deixar un comentario
A defensa do noso Patrimonio
Asistimos a diario a diversos episodios de agresión ao patrimonio galego e dos galegos e galegas, moitas veces por mor do seu descoñecemento por parte dos agresores, outras por intereses privados que fan prevalecer sobre os intereses de todos. Adoito … Seguir lendo
Publicado en Sin categoría
Etiquetado Arquitectura, Cultura, Galicia, Galiza, Patrimonio
1 comentario