O noso Twitter
Os meus tuitsO noso Facebook
Categorías
-
Artigos recentes
- O PAIS DA AUGA (Carlos Henrique Fernández Coto).- A auga é un ben escaso e moitos pobos que teñen que percorrer quilómetros a diario para collela, nós somos dos máis afortunados porque temos toda a que necesitamos. A auga forma parte da nosa identidade, da memoria do pobo que habita no territorio ao longo do tempo. Define e condiciona a paisaxe porque está moi ligada á agricultura e á subsistencia. Proba da súa relevancia é que boa parte da toponimia toma nela a súa raíz: Agualevada, Brañas, Devesa ou Fontenla, entre centos de nomes que indican a súa presenza. No seu percorrido -do monte aos ríos, dos ríos ao mar- é aproveitada para construír as agras e os camiños -que tamén foron canles de auga- e para transformar a materia prima en alimento: é o caso dos muíños, que aproveitan os recursos sen consumilos, e o propio deseño dos valados é sometido ao ditado das augas que os atravesan. Para dispor dela nas billas das casas, aldeas enteiras construían comunalmente as minas no monte e transportábana por tubarias cerámicas atravesando as leiras, pero sempre para o consumo doméstico, nunca para a rega do campo, para o que había outros enxeños como o do reparto dos regatos por días e horas, por gravidade e sen máquinas, e a ninguén se lle ocorría abrir camiños por calquera lugar -como se fai agora, sen estudar o ciclo das augas-. Non existían as palabras “sustentabilidade” ou “ecoloxía” pero practicábanas, e cada elemento era pensado para a máxima eficiencia e menor gasto. Non se maltrataba o territorio, porque as máquinas eran os bois e os carros. As augas de rega e as augas dos muíños distribuíanse por quendas entre os veciños, aproveitando as vinte e catro horas, pero xa con picaresca: era moi común que un veciño agardara agochado tralo valado para mudar a dirección da auga que minutos antes cambiara outro. Agora que vivimos nunha sociedade normativizada, a auga está regulada polas leis (estatal e autonómica, como sempre) que din que as augas superficiais e as soterradas constitúen un recurso subordinado ao interese xeral e forman parte do dominio público estatal hidráulico, é dicir, de todos. Correspóndelle ao estado distribuílas de acordo coas necesidades da cidadanía e à Xunta ordenar o ciclo integral da auga establecendo as bases para unha xestión eficiente dos servizos de fornecemento, coa finalidade de garantir as necesidades básicas da poboación, e facendo compatible o desenvolvemento económico coa preservación dos ecosistemas acuáticos e terrestres. O concello é o derradeiro administrador, fornece aos fogares e controla o consumo e cobra un canón penalizando economicamente o consumo excesivo (piscinas, rega de céspede, etc.). A usurpación das augas sen control, en moitos casos para usos distintos do doméstico, é un fraude que afecta ás arcas públicas, tamén a todos nós e ao medio ambiente porque supón un uso irracional e pouco sustentábel de aproveitar os recursos públicos, que son de todos.
- Acto de presentación
- Presentación oficial da Asociación
- Formas do territorio
- Historia da arte galega
Arquivo
Comentarios recentes
David Miranda en A defensa do noso Patrimo… Meta
Acto de presentación
Acto de presentación da “Asociación para a defensa do Patrimonio Cultural Galego” no Hotel Puerta del Camino
– Jorge Duarte, tenente alcalde de Santiago de Compostela
– Roberto Pena Puentes, xefe de arqueoloxía da Xunta de Galicia
– Carlos Henrique Fernández Coto, presidente da Asociación
– Jorge Tuñas Caamaño, representante da FEGAMP
– Mario Cotelo, responsable de Patrimonio do Arcebispado de Santiago de Compostela
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
Presentación oficial da Asociación
O día 3 de xuño, ás 20:00 horas, presentarémonos oficialmente á sociedade galega e aos medios de comunicación. Será no Hotel Puerta del Camino, de Santiago de Compostela
Convidámoste a asistir á nosa presentación
Publicado en Sin categoría
Deixar un comentario
Formas do territorio
FORMAS DO TERRITORIO
Dentro deste grupo de traballo incluímos as seguintes materias:
- Arquitectura
- Paisaxe rural e paisaxe urbana
- Urbanismo e urbanística
- Conxuntos históricos e de interese urbanística ou arquitectónica
- Viais culturais
- Xeografía
- Medioambiente
- Turismo
Publicado en Sin categoría
Etiquetado Arquitectura, CONXUNTOS HISTÓRICOS, Medio ambiente, MEDIOAMBIENTE, PAISAXE, Patrimonio, Territorio, TURISMO, Urbanística, Urbanismo, XEOGRAFIA
Deixar un comentario
Historia da arte galega
HISTORIA DA ARTE GALEGA
Dentro deste grupo de traballo incluímos as seguintes materias:
- Arqueoloxía
- Artes plásticas e etnoloxía
- Sitios arqueolóxicos
- Manifestacións pictóricas, escultóricas, fotográficas, cinematográficas
- Patrimonio material etnolóxico
- Patrimonio industrial
- Arte contemporánea
Publicado en Sin categoría
Etiquetado ARQUEOLOXÍA, ARTE CONTEMPORÁNEA, ARTES PLÁSTICAS, ESCULTURA, ETNOGRAFÍA, ETNOLOXÍA, FOTOGRAFÍA, Patrimonio, PATRIMONIO INDUSTRIAL
Deixar un comentario
Patrimonio cultural inmaterial
PATRIMONIO CULTURAL INMATERIAL
Dentro deste grupo de traballo incluímos as seguintes materias:
- Lingua galega
- Antropoloxía (tradicións e costumes, usos sociais, rituais, ceremoniais, …)
- Música galega
- Patrimonio documental e bibliográfico
- Literatura galega
- Filosofía
- Dereito
Publicado en Sin categoría
Etiquetado Antropoloxía, Dereito, Filosofía, Galego, Inmaterial, Lingua, Literatura, Música, Patrimonio
Deixar un comentario
A defensa do noso Patrimonio
Asistimos a diario a diversos episodios de agresión ao patrimonio galego e dos galegos e galegas, moitas veces por mor do seu descoñecemento por parte dos agresores, outras por intereses privados que fan prevalecer sobre os intereses de todos. Adoito son coñecidos pola cidadanía, a través dos xornais ou das redes sociais, os casos nos que os nosos xacementos arqueolóxicos son destruídos parcialmente –ou na súa totalidade- for por accións vandálicas, for pola execución de obras particulares ou públicas sen control arqueolóxico. Acontece o mesmo con exemplares de arquitectura modernista ou racionalista, con edificacións industriais que representan o cerne da nosa sociedade moderna, mesmo paisaxes que son agredidas polos particulares ou polas propias administracións. Estes resultan ser só algúns exemplos das agresións que sofre o noso patrimonio material, natural ou construído, e que non teñen a resposta cidadá acaída por falla de organización dos cidadáns en prol da súa defensa.
A sociedade galega non está afeita a reclamar, a título individual, as accións contra o noso patrimonio, polo que se precisan organizacións que representen aos cidadáns perante as autoridades para esixir o respecto pola nosa memoria.
A falla de interese xeral advertida pola defensa da identidade galega –configurada polas distintas manifestacións que constitúen o patrimonio- ten o seu alicerce nas carencias de información e coñecemento da relevancia destes herdos recibidos, impedindo crear unha verdadeira conciencia e consciencia colectiva, ao contrario do que acontece noutros pobos similares ao noso. Apenas hai iniciativas en pequenas colectividades, individualizadas e inconexas, polo que a información é dispersa e non chega á cidadanía de xeito contundente e que poida crear conciencia.
Xorde a necesidade da creación dunha única “Asociación para a defensa do patrimonio galego” que acubille os distintos eidos patrimoniais, as distintas sensibilidades e as relacións asimétricas e que alce unha única voz na defensa o patrimonio galego, e co obxecto de concienciar ás autoridades e aos cidadáns de que temos a obriga de manter, conservar e mellorar a estrutura que recibimos, e transmitila na mellor das condicións ás xeracións futuras.
Cremos que o patrimonio galego é todo o que identifica a este país e que constitúe un feito diferencial que nos identifica fronte a outros pobos: a paisaxe, a arquitectura, a arqueoloxía, os costumes, a música, as artes, as letras, a nosa lingua. Todas elas, e outras que non se mencionan, están defendidas por distintos colectivos, de modo individual e sen unha voz autorizada común que se dirixa ás autoridades para defendelas.
É por isto que un grupo interdisciplinario de galegos/as nos unimos para crear unha única Asociación que defenda o noso Patrimonio en tódolos eidos, de modo transversal pero con única voz, nos medios de comunicación, perante as autoridades, e que colabore na creación dunha conciencia colectiva sobre a relevancia da nosa herdanza, do noso patrimonio.
Publicado en Sin categoría
Etiquetado Arquitectura, Cultura, Galicia, Galiza, Patrimonio
1 comentario